Uncategorized

Os 3 Mandamentos Fashion

Reducir… as compras. Non só pola crise, senón porque é de sentido común. Seguir as tendencias é compatible cunha compra intelixente, centrada só en adquisicións imprescindibles que se poden combinar co que xa temos. Se ademais podemos aforrar en prezo, mellor que mellor. Porque todas somos fans do low cost.

Reciclar… o que xa temos. Cun pouco de imaxinación e os complementos adecuados non é necesario desbotar a roupa de tempadas pasadas. Un broche divertido pode transformar un clutch, mentres que uns abalorios poden renovar un par de zapatos que xa non utilizas. A orixinalidade manda.

Reutilizar… na era do vintage. O antigo está en alza. Ou pensabas que as gafas Ray-Ban Wayfarer ou as saias lapis son un invento doutro día? Non dubides en reutilizar prendas antigas (sempre en bo estado, por suposto), están máis de moda ca nunca.

s

Advertisements

Like ‘These Heels…’ on Facebook

Mantente informad@ dos últimos artigos de These Heels are Made 4 Walking na miña nova páxina de Facebook. Dálle a ‘Gosto Disto’!

Keep updated of the latest information of These Heels are Made 4 Walking in my new Facebook page. Like it!

Mantente informad@ de los últimos artículos de These Heels are Made 4 Walking en mi nueva página de Facebook. ¡Clicka en ‘Me Gusta’!

facebook page